2 de nov. de 2013

O OUTONO XA CHEGOU!!

Os rebuldeiros déronse conta de que a paisaxe da contorna está a experimentar cambios.
 Os paxaros marchan buscando a calor. 
As follas caen e cambian de cor.
 O día e máis curto quenta pouco o sol. 
¿Qué sucede? Que o outono xa chegou! 

Eles tamén quixeron mudar o aspecto dos corredores que van dar ás súas aulas, é mans á obra, puxéronse a pintar árbores, follas, esquíos, froitos do outono, cogomelos, etc


Tamén é un bo momento para facer unha relación de propósitos (7 propósitos, un por cada un dos ananiños do conto de Brancaneves) que queremos acadar neste novo curso: estudiar mais, xogar cos compañeiros, ser mais bo, ser mais limpo, escoitar con atención, estar mais esperto e tamén non pelexar. A ver se o conseguimos!!


Pero  o outono tamén se presta a que xoguemos con el con adiviñas e ditos populares. Dentro destes ourizos e gotiñas de auga hai sorpresas, convídámosvos a que lles botedes unha ollada.




10 de out. de 2013

XA ESTAMOS TOD@S!!!!


        Por fin os vosos mestres e as vosas mestras tivemos o honor de vos coñecer. Pasamos todo o verán ansiosos esperando o momento de ver aos nosos alumnos e alumnas.  Preguntabámonos se seriades moi rebuldeiros; pois ben, abofé que sodes OS MÁIS REBULDEIROS de todo o cole.
        Que? Que non sabedes o que é iso? As persoas rebuldeiras son as que fan cousas para se divertir: brincar, enredar, trebellar, xogar… E cada un de vós faino, non si? 
        Pois a nós gústanos que sexades tan trouleiros se sodes quen de aprender ao mesmo tempo. 
Desexamos que este camiño ata xuño sexa unha gran aventura para tod@s!