17 de dec. de 2014

Os nosos xoguetes en 1º A

Convite á nosa gran exposición de xoguetes

Todos estades convidados a vir ao noso colexio para ver a exposición de xoguetes que inauguramos hoxe mesmo. O horario de visita é de 13:45 a 14:45. Os espazos de visita: entrada principal e o acceso ás aulas de 1º, 2º, 3º e 4º curso. Vinde e alucinade!!


17 de xuño de 2014

Os petos de Loreto. Nenos e nenas de 1º

Mirade que marabilla a canción que os nenos e nenas de primeiro prepararon na clase de música este trimestre!!.Están para comelos!! 

11 de xuño de 2014

23 de mar. de 2014

Os nosos bailes do entroido

Moito desfrutamos do entroido... para os que non puidéchedes estar conosco ou para aqueles que queredes volver a vernos en plena acción, aquí están os vídeos dos bailes.








17 de mar. de 2014

ENTROIDO 2014


                  Sen dúbida é unha das festas favoritas do noso alumnado, e destes mestres... A verdade é que o Entroido permítenos botar unhas gargalladas de nós mesmos e ampararnos nos disfraces para desinhibirnos e gozar ao máximo.
            Os nosos rebuldeiriños e os seus mestres están a elaborar catro contos (un por aula) e decidimos disfrazarnos dos personaxes protagonistas: príncipes e princesas, exploradores, ratiños e extraterrestres.
As familias axudaron moito a que o resultado fora tan vistoso. Grazas.
            Desexamos que con estas imaxes lembredes con cariño o ben que o pasamos!