Moito desfrutamos do entroido... para os que non puidéchedes estar conosco ou para aqueles que queredes volver a vernos en plena acción, aquí están os vídeos dos bailes.
23 de mar. de 2014
17 de mar. de 2014
ENTROIDO 2014
Sen dúbida é unha das festas favoritas do noso alumnado, e destes mestres... A verdade é que o Entroido permítenos botar unhas gargalladas de nós mesmos e ampararnos nos disfraces para desinhibirnos e gozar ao máximo.
Os nosos rebuldeiriños e os seus mestres están a elaborar catro contos (un por aula) e decidimos disfrazarnos dos personaxes protagonistas: príncipes e princesas, exploradores, ratiños e extraterrestres.
As familias axudaron moito a que o resultado fora tan vistoso. Grazas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)