15 de dec. de 2015

E mais mascotas en 2º A

Aquí tedes os últimos montaxes de alumnos/as de 2º A que trouxeron as súas mascotas á clase. Eles e todos nós desfrutamos moitísimo desta actividade ao tempo que aprendemos moito destes animais. Tamén traballamos así a expresión oral, a capacidade de preaparar un traballo sobre un tema, os contidos sobre animais correspondentes a este curso...
Loxicamente aqueles que non puideron traer a súa mascota tamén tiveron que facer a actividade igual cos demais, mostráronnos nestes casos fotos e debuxos da súa mascota e falaron de todo o que lles gusta dela.
Mirade que guapísimos están todos e que cariñas!!







               

2 de dec. de 2015

Hoxe fomos a cazar osos!!

Todo o alumnado de 1º 2º curso foi esta tarde a " cazar osos".
O Equipo de contos xa está en plena acción e esta tarde convidaron aos nenos e nenas deste ciclo ao visionado dun conto no salón de actos, o conto de "Cazar Osos". Logo aprenderon unha canción animada e finalmente foron ao patio a cantala, representala e a buscar ao oso.
Menuda tarde de diversión pasamos!!
Deixamos aquí unhas fotos para que vos fagades unha pequena idea, pero en breve o Equipo de Contos terá un vídeo moi xeitoso no que veredes esa "caza".






28 de nov. de 2015

As visitas a 2º A desta semana

 Esta semana tivemos a varios visitantes mais: un gatiño, un coelliño, e dous marabillosos cans. Canto disfrutamos ao tempo que aprendemos. Ademais hai que comentar que todos se portaron moi ben e fixeron as ledicias dos nenos e nenas de 2º A e tamén da súa mestra.
De verdade que agradecemos moito estas visitas e o esforzo que facedes os pais e nais para poder acompañar aos vosos fillos e fillas nesta experiencia e na preparación da exposición oral.





















Pero ainda non rematamos. Pronto teremos mais visitas!!

23 de nov. de 2015

As nosas mascotas visitan ao nenos e nenas de 2º A




Os nenos e nenas de 2º A están traballando nun proxecto sobre as súas mascotas. Esta semana recibimos a visita dos periquitos de Zoe, o canario de Carla, os canciños de Iker e Tania e o coelliño de José Antonio.
Xa vos contaremos como estamos facendo un traballo moi laborioso investigando e escribindo as características dos nosos animais.
                                                                      A semana próxima temos moitas mais visitas...
Está sendo unha marabillosa experiencia para todos e todas!!


25 de maio de 2015

Anuncios de 1ºA. Festival Letras Galegas 2015

Para o Festival das Letras galegas escollemos estos dous anuncios para traballar o non sexismo.
No da Casera os nenos representaban papeis de mulleres e os nenas de homes, coa intención de facerller comprender como a publicidade nos da unha imaxe esaxerada e non real das diferencias de sexo.
No do Colacao a idea é que todos podemos ser bos deportistas, nenos e nenas.

Pero sobre todo tratábase de disfrutar cantando e bailando e como podedes ver iso conseguímolo de sobra!!


10 de maio de 2015

Maruxa

Xa podedes ver o videoclip que se gravou no noso cole coa participación dos nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 4º curso.
 Dado que quedou tan ben feitiño imos participar con el nun concurso que se chama OLLOBOI, queremos que sexa o vídeo mais votado e para iso precisamos da vosa axuda. Primeiro mirade o vídeo e se pensades que merece gañar so tedes que ir ao enderezo que vos deixamos a continuación e cubrir os datos que vos piden,
RECORDADE QUE O VÍDEOCLIP chámase MARUXA.
Os nosos agradecementos a Rafa, sen ti isto non sería posible, e lóxicamente a todos os artistas que participan nesta marabilla

 
Maruxa from Ceip Coiron on Vimeo.

Para votar: https://docs.google.com/forms/d/1VLbaAGjMo-H0i61BVitqcoZnx6t6Uxt6qd9Tb9Ua6aQ/viewform?fbzx=5139188799725874659

21 de feb. de 2015

Día das Apertas

Visita ao Museo de Pontevedra

Todos os cursos do noso colexio visitamos a exposición temporal de xoguetes que hai no Museo de Pontevedra na que puidemos ver xoguetes de épocas anteriores cos que xogaban os nosos pais e avós. Foi unha boa experiencia e para a maioría dos nenos e nenas sorprendente...