28 de nov. de 2015

As visitas a 2º A desta semana

 Esta semana tivemos a varios visitantes mais: un gatiño, un coelliño, e dous marabillosos cans. Canto disfrutamos ao tempo que aprendemos. Ademais hai que comentar que todos se portaron moi ben e fixeron as ledicias dos nenos e nenas de 2º A e tamén da súa mestra.
De verdade que agradecemos moito estas visitas e o esforzo que facedes os pais e nais para poder acompañar aos vosos fillos e fillas nesta experiencia e na preparación da exposición oral.





















Pero ainda non rematamos. Pronto teremos mais visitas!!

23 de nov. de 2015

As nosas mascotas visitan ao nenos e nenas de 2º A




Os nenos e nenas de 2º A están traballando nun proxecto sobre as súas mascotas. Esta semana recibimos a visita dos periquitos de Zoe, o canario de Carla, os canciños de Iker e Tania e o coelliño de José Antonio.
Xa vos contaremos como estamos facendo un traballo moi laborioso investigando e escribindo as características dos nosos animais.
                                                                      A semana próxima temos moitas mais visitas...
Está sendo unha marabillosa experiencia para todos e todas!!