15 de dec. de 2015

E mais mascotas en 2º A

Aquí tedes os últimos montaxes de alumnos/as de 2º A que trouxeron as súas mascotas á clase. Eles e todos nós desfrutamos moitísimo desta actividade ao tempo que aprendemos moito destes animais. Tamén traballamos así a expresión oral, a capacidade de preaparar un traballo sobre un tema, os contidos sobre animais correspondentes a este curso...
Loxicamente aqueles que non puideron traer a súa mascota tamén tiveron que facer a actividade igual cos demais, mostráronnos nestes casos fotos e debuxos da súa mascota e falaron de todo o que lles gusta dela.
Mirade que guapísimos están todos e que cariñas!!







               

2 de dec. de 2015

Hoxe fomos a cazar osos!!

Todo o alumnado de 1º 2º curso foi esta tarde a " cazar osos".
O Equipo de contos xa está en plena acción e esta tarde convidaron aos nenos e nenas deste ciclo ao visionado dun conto no salón de actos, o conto de "Cazar Osos". Logo aprenderon unha canción animada e finalmente foron ao patio a cantala, representala e a buscar ao oso.
Menuda tarde de diversión pasamos!!
Deixamos aquí unhas fotos para que vos fagades unha pequena idea, pero en breve o Equipo de Contos terá un vídeo moi xeitoso no que veredes esa "caza".